1 — Saúde para todos e todas
A saúde é un dereito. Durante unha pandemia, a investigación e as tecnoloxías deberían compartirse de xeito amplo, rápido, por todo o mundo. Unha compañía privada non debería ter o poder de decidir quen ten acceso a tratamentos nin vacinas, nin a que prezo. As patentes outorgan a unha soa compañía o poder e monopolio sobre produtos farmacéuticos esenciais. Isto limita a súa dispoñibilidade e incrementa o seu custo para as persoas que os precisan.
2 — Transparencia xa!
A información sobre os custos de produción, as contribucións públicas e a efectividade e seguridade das vacinas e medicamentos debería ser pública. Os contratos entre autoridades públicas e compañías farmacéuticas tamén se deben publicar.
3 — Fondos públicos, control público
A ciudadanía aporta a través dos seus impostos enormes cantidades para a investigación e o desenvolvemento de vacinas e tratamentos. Non podemos permitir que as compañías farmacéuticas privaticen tecnoloxías médicas esenciais que foron desenvoltas con recursos públicos.
4 — Que ninguén se lucre coa pandemia
As grandes compañías farmacéuticas non deberían de lucrarse con esta pandemia, a expensas da saúde das persoas. Unha ameaza colectiva require solidaridade, non lucro privado. O financiamento público debería aprobarse só baixo a garantía de que o produto final terá dispoñibilidade e un prezo accesible. Non se debería permitir que o Big Pharma saquee os nosos sistemas de seguridade social.