Que é unha ICE?

A cidadanía da UE ten o dereito de remitir á Comisión Europea propostas de emendas lexislativas concretas. Para que a Comisión considere a proposta, precísanse un millón de firmas de apoio de xente de toda a UE.

Os obxectivos específicos que introducimos na Comisión Europea son os seguintes:

Visto o Tratado de Funcionamento da Unión Europea e, en particular, os seus artigos 114, 118 e 168, pedimos á Comisión Europea que propoña canta lexislación sexa necesaria para:

    • velar por que os dereitos de propiedade intelectual, incluidas as patentes, non dificulten a accesibilidade ou a dispoñibilidade de calquera futura vacina ou tratamento contra a COVID-19;
    • velar por que a lexislación da UE sobre os datos e a exclusividade comercial non limite a eficacia inmediata das licencias obligatorias expedidas polos Estados membros;
    • introducir a obligación xurídica dos beneficiarios de fondos da UE de compartir coñecementos en materia de tecnoloxía sanitaria, a propiedade intelectual ou os datos dun consorcio de tecnoloxía ou patentes en relación coa COVID-19;
    • introducir obligacións xurídicas para os beneficiarios dos fondos da UE en materia de transparencia das contribución públicas e os custos de produción, así como cláusulas de accesibilidade combinadas con licencias non exclusivas.
 
No Profit on Pandemic

Partilla a solución

Difunde esta iniciativa cidadá e axúdanos a recoller 1 millón de firmas.

No Profit on Pandemic

Contacto    |   info@noprofitonpandemic.eu

A Iniciativa Cidadá Europea é un instrumento co cal se poden propoñer accións lexislativas concretas á Comisión Europea.

© 2020. Disclaimer.
Top